Cociña de aproveitamento: di non ao desperdicio alimentario en Nadal
Este Nadal, queremos exporche un reto: dicir non ao desperdicio alimentario. Durante estas datas, son tantas as celebracións que non adoita faltar a planificación dos menús que se van a preparar para todas elas, pero non é tan frecuente contar cun plan B. E cal é ese plan B? Ter previstas tamén comidas para aproveitar as sobras destes días. Complicamos un pouco máis o desafío? Conseguir que sexan saudables 😉. Que che parece? Anímaste a dicir non ao desperdicio alimentario en Nadal? Aquí traemos algúns consellos e ideas para que a creatividade non sexa o límite! E non esquezas as palabras chave: cociña de aproveitamento.

Que é a cociña de aproveitamento?
A cociña de aproveitamento consiste en sacar o máximo partido aos alimentos da nosa despensa dunha maneira sostible. Trátase de evitar que produtos que poderían ter unha segunda vida acaben no cubo do lixo. O desperdicio alimentario é un problema que se agrava durante estas datas e é importante ser conscientes de que hai que mitigalo para fomentar o consumo responsable e a optimización dos recursos dos que dispoñemos. Por iso, hoxe propoñémosche reutilizar as sobras das comidas do Nadal para preparar novos pratos cos que sorprender entre festa e festa.
Iso si, é importante ter claro tamén que a cociña de aproveitamento non significa que non poidas utilizar algún ingrediente novo. Seguramente, será necesario para conseguir un prato equilibrado, saudable e que resulte novidoso aos comensais.
Consellos para aproveitar as sobras destes días
Para lograr pratos de aproveitamento tan saborosos como os orixinais, é importante coidar a maneira de gardar os restos de comida:
- Utiliza recipientes herméticos para gardar as sobras no frigorífico ou no conxelador e evitar a transferencia de sabores.
- Consume o antes posible aqueles alimentos que gardes no frigorífico.
- Ten en conta a receita de aproveitamento que pensaches á hora de gardar as sobras porque así podes facelo da forma na que vas utilizalo.
- Desgrasa os caldos antes de conxelar para evitar que o sabor poida verse afectado.

Receitas de aproveitamento para os menús destas datas
Vichyssoise
Coas verduras, o caldo e as patacas cocidas que che sobraran dalgunha das preparacións, podes cociñar unha vichyssoise (crema de allos porros) deliciosa.
Ingredientes:
- 2 allos porros
- 1 pataca cocida
- ½ cebola branca
- 400 ml de caldo de polo ou de verduras
- 10 ml de aceite de oliva virxe extra
- Sal
Preparación:
- Pica a cebola e os allos porros para cocelos ou cociñalos ao vapor.
- Unha vez listos, introdúceos nun vaso de batedora coa pataca cocida, as verduras que che sobraran, o caldo, o aceite e o sal para triturar.
Verte a mestura nunha pota e cociña dous minutos máis. Retifica o sal se é necesario e lista para servir!
Bacalhau à Brás

En moitos fogares galegos, é frecuente cear en Noiteboa bacallau con coliflor, así que tiramos dun dos pratos típicos de Portugal para propoñer unha receita completamente diferente na que poderás reutilizar o bacallau sobrante.
Ingredientes (para 4 persoas):
- 3 patacas
- 300 g bacallau desmigado
- 4 ovos
- Olivas negras
- 8 ceboliños
- Sal
- Perexil
Preparación:
- Desmenuza o bacallau sobrante e reserva.
- Pela as patacas e córtaas en palliñas finas. Déixaas en auga fría para que logo queden ben soltas e non se peguen unhas a outras. Antes de fritir, sécaas deixándoas sobre un pano de cociña.
- Saltea, nunha tixola, a ceboliña cortada á xuliana fina. Cando estea blandiña, engade os anacos de bacallau.
- Frite as patacas noutra tixola ata que estean douradas e crocantes. Escórreas sobre un papel absorbente antes de mesturalas co sofritido de cebola e bacallau.
- Engade os ovos batidos, removendo con coidado ata que o ovo empece a callar. Apaga o lume para que quede ben zumarento.
- Serve nunha fonte, espolvorea o perexil picado e decora cunhas olivas negras.
Carne con alcachofas e salsa de queixo

Podes preparar esta receita con calquera carne que sobrase das celebracións e suxerímosche as alcachofas como guarnición porque son grandes aliadas das dixestións.
Ingredientes:
- 300 g de carne
- 150g queixo semicurado
- 100 ml viño branco
- 100 ml auga
- 300 g alcachofas (poden ser en conserva)
- 1 tomate
Preparación:
- Se é posible, corta a carne en medallones grosos e reserva.
- Limpa ben as alcachofas, frega con limón e cóceas durante uns minutos ata que estean tenras. Despois escórreas e córtaas en cuartos
- Prepara o tomate á prancha ou no forno cun pouco de aceite de sal.
- Para facer a salsa de queixo, pon a auga e o viño branco nun cazo e leva a ebulición. Engade anacos de queixo e deixa que coza uns minutos. Despois tritura ata obter unha textura de salsa cremosa.
- Quenta a carne nunha tixola e xa podes servir, cubrindo lixeiramente coa salsa de queixo e poñendo unha guarnición de tomate e alcachofas (fríteas un pouco para que queden ben crocantes antes de servir).
Xurdíronche ideas para aproveitar as sobras dos teus menús do Nadal? Cóntasnolas? Desexámosche un 2023 feliz, sostible e saudable!
Converte a túa aula nun
espacio saudable
Descubre cando disfrutar de cada produto no seu mellor momento co noso calendario saudable
Para calquera consulta, escríbenos a:
alimentes@gadisa.es
Decálogos
Consume unha gran variedade de alimentos
Así serán maiores as posibilidades de que a túa dieta sexa equilibrada e contenga os nutrientes necesarios.
Prioriza os productos frescos ante os procesados
En especial, debes inxerir gran cantidade de verdura e froita fresca.
A hidratación é clave e a auga é a mellor bebida
Lémbrate de beber unha cantidade abundante de auga ao longo do día.
Elimina os hábitos tóxicos
O tabaco, o consumo abusivo de alcohol e o sedentarismo son tremendamente perxudiciais.
Mantén unha actividade física diaria
Adecuada a túa idade e estado, que te permítache disfrutar e coidarte.
Prioriza o consumo de alimentos locais e de tempada
Respetan o ciclo natural, xeran riqueza no entorno e chegan máis frescos e sabrosos.
Lee as etiquetas dos produtos
Aprende o significado da información dada. Un consumidor informado é un consumidor responsable.
Aumenta o número de compras á semana
Permitiráche ter sempre produtos frescos e frear o malgasto de alimentos no teu fogar.
Almacena adecuadamente os alimentos
Así aumentarán o seu tempo de consumo e evitaremos o desperdicio.
Súmate ás bolsas de compra reutilizables
As bolsas biodegradables para o cubo do lixo son prácticas, hixénicas e respetuosas có medio ambente.
Fai un uso racionalizado da auga
Evita deixar grifos abertos ou prelavados innecesarios no lavalouza e lavadora.