Recursos

Especial #GadisSalud: a mandarina

separador
MANDARINA GADIS 4 scaled 1

O 26 de xaneiro celébrase o Día Mundial da Educación Ambiental, cuxo principal obxectivo é identificar a problemática ambiental e concienciar sobre a necesidade de conservar e protexer o medio ambiente. Moitos dos actos da nosa vida cotiá teñen un impacto directo sobre a contorna. Por iso, é importante adquirir os coñecementos, os valores e as habilidades necesarias para actuar de maneira responsable e previr algúns dos danos que podemos causar.

Unha maneira sinxela de contribuír ao coidado do planeta é optar polo consumo responsable. Xa sabes que, en Gadis, sempre apostamos polo produto local e de tempada, e quixemos conmemorar esta data cun especial #GadisSalud. Por que? Porque é a nosa maneira de achegar os produtos frescos que atoparás en cada época do ano na sección de froita e verdura dos nosos supermercados. Así, non só estás ao tanto do calendario saudable, senón que tamén coñeces os beneficios do consumo de cada produto. Hoxe tócalle a quenda á mandarina! Aínda nos quedan un par de meses antes de dar por rematada a súa tempada ata o próximo outono e queremos compartir contigo algunhas curiosidades. Segue lendo!

MANDARINA GADIS 2 scaled 1

Orixe e variedades da mandarina

A mandarina caracterízase pola súa riqueza en vitaminas antioxidantes e pola dozura do seu sabor. Cunha pulpa máis suave que a da laranxa, é tan fácil de pelar que constitúe o tentempé perfecto para consumir en calquera lugar. Provén da mandarineira, unha árbore que, de acordo coa mitoloxía, cubría a cordilleira do Atlas e crecía no xardín das Hespérides. Pero, en realidade, a súa orixe sitúase en Indochina e no sur de China; existen referencias de cultivos nestas zonas que datan do século XII aC. Co paso do tempo, foise estendendo a outras rexións e adaptouse tan ben ao clima mediterráneo que España converteuse no primeiro exportador mundial.

Parece que o seu nome débese á cor das vestimentas dos gobernantes da antiga China, os mandaríns. Ademais, o número de cuarteiróns varía entre 8 e 15 dependendo do tipo, da colleita e da especie. Hai catro tipos de mandarinas:

  • Clementinas: de cor laranxa intensa e forma aplanada, non adoitan ter sementes. Pélanse con facilidade e o seu tamaño é entre pequeno e mediano.
  • Clemenvillas: de tamaño máis grande que as clementinas, teñen a cortiza laranxa avermellada e moito zume.
  • Híbridas: son bastante grandes e de cor laranxa avermellada. A pulpa ten bastante zume e a cortiza está moi adherida. Son de recolección tardía, polo que agora atópanse no comezo da súa tempada.
  • Satsumas: orixinarias de Xapón, son de cor entre amarelo e laranxa. Teñen un tamaño bastante grande e forma achatada. A súa pel é rugosa e non teñen sementes.

MANDARINA GADIS 5 scaled 1

Os beneficios da mandarina

A mandarina é unha froita rica en vitamina C, aínda que o seu contido é menor que o da laranxa. Achega poucas calorías pola súa alta proporción de auga (90%). Tamén contén provitamina A e minerais como o calcio e o magnesio. Estes son algúns dos principais beneficios do seu consumo:

  • A mandarina produce sinefrina, un composto que frea a produción de colesterol no corpo.
  • Os seus compostos de efecto antioxidante contrarrestan a acción dos radicais libres e protexen frente ás enfermidades dexenerativas.
  • Fortalece o sistema inmune grazas a o seu contido en vitamina C, carotenos e ácido cítrico, que evitan a formación excesiva de radicais libres.
  • Tamén actúa como prebiótico, mantendo a saúde da flora intestinal e disminuíndo o risco de infeccións grazas ás distintas fibras que conten.
  • Mantén a saúde da pel polo seu efecto antioxidante e porque tamén axuda na formación de coláxeno, mellorando a hidratación e a elasticidade.
  • Contribúe ao tratamento da anemia pola súa riqueza en vitamina C, xa que mellora a absorción do ferro presente nos alimentos.
  • Protexe a vista porque é rica en luteina e zeaxantina, que son carotenoides con alto poder antioxidante que protexen a saúde dos ollos.

MANDARINA GADIS 6 scaled 1

Cociña con mandarina

Aínda que o recomendable é comer a mandarina enteira, algo que resulta moi sinxelo, xa que é fácil de pelar e de comer, hoxe queremos mostrarche a súa versatilidade na cociña. É unha froita da que se pode aproveitar practicamente todo: os cuarteiróns, a casca, o mollo e mesmo as follas en infusión.

Receita de pito rostizado á mandarina

Ingredientes:

  • 8 coxas de pito
  • 1 feixe de tomiño
  • 4 dentes de allo
  • 1 taza de caldo de pito
  • 1 taza de zume de mandarina
  • 5 culleradas de arandos
  • 5 culleradas de pebidas de cabaza

Preparación:

  1. Salpimienta as coxas de pito e colócaas nunha fonte sobre unha cama de tomiño e allo esmagado Engade o caldo e o zume de mandarina.
  2. Prequenta o forno a 180º e enforna o pito a esa mesma temperatura durante unha hora.
  3. Mentres se cociña, lava os arandos e reserva.
  4. Unha vez que está listo o pito, podes servir, adornando cos arandos e as pebidas de cabaza e regando co mollo que queda na bandexa.

Es fan das mandarinas? Engádelas a algunha receita mentres están de tempada?

Volver ao blog

Converte a túa aula nun
espacio saudable

Descubre cando disfrutar de cada produto no seu mellor momento co noso calendario saudable

Para calquera consulta, escríbenos a:
alimentes@gadisa.es

Decálogos

Line 19
Alimentos

Consume unha gran variedade de alimentos

Así serán maiores as posibilidades de que a túa dieta sexa equilibrada e contenga os nutrientes necesarios.

Tomate

Prioriza os productos frescos ante os procesados

En especial, debes inxerir gran cantidade de verdura e froita fresca.

Agua

A hidratación é clave e a auga é a mellor bebida

Lémbrate de beber unha cantidade abundante de auga ao longo do día.

Dulces

Limita o consumo de doces, refrescos e chucherías

Deben ser algo ocasional na túa alimentación.

Alcohol

Elimina os hábitos tóxicos

O tabaco, o consumo abusivo de alcohol e o sedentarismo son tremendamente perxudiciais.

Deporte

Mantén unha actividade física diaria

Adecuada a túa idade e estado, que te permítache disfrutar e coidarte.

Descanso

Durme ben e suficiente

É tan importante coma comer ou beber adecuadamente.

Luz

Recibe luz solar

Fóra das horas de maior exposición, axuda a un correcto funcionamento do organismo.

Estrés

Acaba có estrés

É un factor grave de risco. Aprende a controlalo e alonxalo do teu día a día.

Ríe

Ríe, conversa, debate e aprende en comunidade

As relacións sociais e familiares satisfactorias aumentan a nosa calidade de vida.