Recursos

Especial #GadisSalud: a ameixa

separador
CIRUELAS GADIS 6

A ameixa é unha das froitas con óso de verán por excelencia. A súa frescura e esa combinación de acidez e dozura no sabor convértena nun alimento moi apetecible nesta época do ano, non crees? Hoxe queremos dedicar o noso especial #GadisSalud a falarche das súas propiedades e beneficios, pero tamén a ofrecerche algunha pista de como usala na cociña. Non todo vai ser comela ao natural! 😉 Queremos que aproveites a súa versatilidade e a incorpores a algún dos teus pratos estivais para sacar o máximo partido a todo o que ofrece. Xa estás a pensar en achegarche á túa tenda Gadis para facerche cunhas ameixas? Segue lendo e seguro que as converterás nun dos tesouros da túa despensa estival!

CIRUELAS GADIS 6 1

Orixe e variedades da ameixa

A ameixa é o froito do ciruelo (Prunus domestica), unha árbore que pertence á mesma familia que o pexego e o almendro e que é capaz de resistir baixas temperaturas e xeadas. Esta froita ten a súa orixe no Cáucaso, Anatolia (Turquía) e Persia (Irán) e, máis tarde, foi levada a América desde Europa. Entre os seus principais produtores, destacan China, Serbia, Romanía, Estados Unidos, Chile, Irán, Turquía e España. No noso país, Estremadura é a rexión con maior produción de ameixas: máis de 75.000 toneladas en 2020.

Unha posible forma de clasificación das ameixas é pola súa orixe; os tipos máis coñecidos son a europea e a xaponesa que teñen, á súa vez, diferentes variedades. A ameixa europea é menos zumarenta e adoita ser de cor verde clara ou morado. A xaponesa é máis zumarenta e, en xeral, a súa cor é escuro, aínda que hai algunha amarela. A cor é outra forma de clasificación e identifica características específicas:

  • A ameixa amarela é moi zumarenta e ten un sabor acedo.
  • A ameixa vermella é tamén zumarenta e máis doce que a amarela.
  • A ameixa violeta é a que se presta máis á cocción.
  • A ameixa verde (tamén coñecida como claudia) caracterízase pola súa dozura.

Entre as principais variedades dispoñibles no noso país, destacan:

  • Ameixa amarela: de cor amarela por dentro e por fóra, ten un tamaño máis pequeno que as europeas e as xaponesas e destaca pola tersura da súa pulpa. É adecuada para pasteis, marmeladas e zumes.
  • Ameixa amarela Sungold: con pel de cor amarela e sabor doce, pode chegar a ser vermella cando alcanza a maduración.
  • Ameixa Red Beauty: a variedade máis temperá do mercado español ten a pel de cor vermella que, en función da súa maduración, pode gañar intensidade. A súa pulpa é de cor amarela e a súa textura, dura.
  • Ameixa Golden Japan: é de cor amarela clara, a súa pel é brillante e resistente e a súa pulpa, zumarenta.
  • Ameixa Black Amber: de cor negra e forma redonda algo achatada, a súa pulpa é de cor ámbar e tersa.
  • Ameixa Santa Rosa: de forma redondeada e acorazonada, ten pel de cor vermella intensa. A súa pulpa é zumarenta e un pouco aceda.
  • Ameixa verde: de tamaño medio e cor verde, é unha variedade ideal para consumir ao natural, en compota ou en marmelada.

CIRUELAS GADIS 3

Os beneficios da ameixa

Entre xuño e setembro, podemos gozar dos beneficios que a ameixa achega á nosa saúde. Esta froita é especialmente boa para o aparello dixestivo. Ademais, o seu contido en vitamina E, A e C convértea nunha pílula natural antienvellecemento e antioxidante. Pero hai máis! A achega de minerais como potasio, calcio, ferro ou magnesio axudan a mellorar estados depresivos e anemias, e, combinados coa fibra, potencian as propiedades depurativas. Como ves, o seu consumo habitual pode reportar moitos beneficios:

  • Mellora o estado da pel, das mucosas e da vista grazas á súa achega en vitamina A.
  • Ten acción antioxidante fronte aos radicais libres polo seu contido en vitamina E e C.
  • Alivia a retención de líquidos pola abundancia de potasio, que intervén na actividade muscular e no equilibrio hídrico do organismo.
  • Mellora o funcionamento celular debido a diversos oligoelementos como o cobre, o manganeso,o selenio e o zinc e axuda a fortalecer o sistema inmune.
  • Contribúe a manter os niveis de colesterol e azúcre en sangue grazas á fibra, que impide que a absorción de graxas sexa elevada.
  • Ten un efecto desintoxicante e laxante, que axuda a aliviar o estreñimento funcional e alixeirar a carga do fígado.
  • Grazas ao seu efecto diurético, é boa para contrarrestar os efectos do reumatismo, a gota e as enfermedades renais.

CIRUELAS GADIS 14

Cociña con ameixas

Sen dúbida, a maneira máis fácil de consumir ameixas é ao natural. Pero hoxe queremos mostrarche algunhas das súas posibilidades para combinala con outros alimentos. Para mostra, un botón. Aquí tes a receita dun aperitivo moi refrescante para as temperaturas estivais.

Aperitivo de arenque con cebola vermella, noces e ameixas

Ingredientes:

  • 250 g de arenque afumado en conserva
  • 1 cebola vermella
  • 75 g de noces
  • 4 ameixas frescas
  • 1 cucharadiña de xenxibre fresco
  • 1 cucharadiña de aceite de oliva virxe extra
  • 1 lima

Preparación:

  1. Pela as nueces e pícaas en anacos pequenos. Tamén podes mercalas xa peladas.
  2. Pela a cebola y córtaa en xuliana.
  3. Trocea os arenques e corta en tiras as ameixas.
  4. Nun bol, mezcla o zume de lima co aceite de oliva e un pouco de xenxibre fresco. Incorpora os arenques, a cebola, as noces e as ameixas para que se maceren. Deixa reposar 15 minutos. Unha vez transcurrido ese tempo, xa está listo para servir. Podes usar platos ou copas.

CIRUELAS GADIS 9

As ameixas son un must do teu menú estival? Xa sabes que na nosa sección de froita e verdura encontrarálas no seu punto óptimo! 😉

Volver ao blog

Converte a túa aula nun
espacio saudable

Descubre cando disfrutar de cada produto no seu mellor momento co noso calendario saudable

Para calquera consulta, escríbenos a:
alimentes@gadisa.es

Decálogos

Line 19
Alimentos

Consume unha gran variedade de alimentos

Así serán maiores as posibilidades de que a túa dieta sexa equilibrada e contenga os nutrientes necesarios.

Tomate

Prioriza os productos frescos ante os procesados

En especial, debes inxerir gran cantidade de verdura e froita fresca.

Agua

A hidratación é clave e a auga é a mellor bebida

Lémbrate de beber unha cantidade abundante de auga ao longo do día.

Dulces

Limita o consumo de doces, refrescos e chucherías

Deben ser algo ocasional na túa alimentación.

Alcohol

Elimina os hábitos tóxicos

O tabaco, o consumo abusivo de alcohol e o sedentarismo son tremendamente perxudiciais.

Deporte

Mantén unha actividade física diaria

Adecuada a túa idade e estado, que te permítache disfrutar e coidarte.

Descanso

Durme ben e suficiente

É tan importante coma comer ou beber adecuadamente.

Luz

Recibe luz solar

Fóra das horas de maior exposición, axuda a un correcto funcionamento do organismo.

Estrés

Acaba có estrés

É un factor grave de risco. Aprende a controlalo e alonxalo do teu día a día.

Ríe

Ríe, conversa, debate e aprende en comunidade

As relacións sociais e familiares satisfactorias aumentan a nosa calidade de vida.