Recursos

Receitas do prato ALIMENTES con produtos de verán

separador
PLATO ALIMENTES VERANO GADIS 11 scaled 1

Acabamos de inaugurar o verán e que mellor maneira de comezalo que buscando a maneira de sacarlle todo o proveito posible á túa despensa estival?! Durante as próximas semanas, seguramente modificarás as túas rutinas e, cando iso sucede, custa un pouco máis manter unha alimentación saudable, verdade? Ademais, é unha época na que hai que planificar mellor a compra porque as temperaturas tamén afectan á conservación dos alimentos. Por iso, propoñémosche que botes man do prato ALIMENTES: o menú saudable, a guía visual que che axudará a deseñar menús equilibrados con produtos de verán. Nos nosos supermercados Gadis atoparás unha gran variedade de produtos frescos no punto óptimo para o seu consumo e aquí deixámosche algunhas ideas para que deseñes pratos saudables con todo o que che brinda esta estación. Anímaste a organizar os menús estivais coas nosas suxerencias? Segue a ler!

mesa princi scaled 1

Produtos de verán

Xa perdemos a conta das veces que repetimos o noso mantra para un consumo sostible e responsable: produtos de proximidade e de tempada. Consumir froita e verdura cando está en tempada non só é beneficioso para o medio ambiente, tamén ten vantaxes para a túa economía e para a túa saúde. Pero, sobre todo, é a forma de gozar do seu mellor sabor e textura. Ademais, o verán é a estación que maior variedade e sabor ofrece!

Este é un bo momento para comprar froitas e verduras que axudan a manter unha boa hidratación. É a época do melón, a sandía, o aguacate, as froitas de óso como o pexego, o albaricoque, a ameixa ou a nectarina, a cereixa, a frambuesa, o figo e o mango. Tamén é ideal para consumir cabaciña, cebola, xudía verde, nabo, cogombro, pemento, ravo, remolacha, tomate e cenoria, por exemplo. A carne e o peixe tamén teñen tempada e adoita estar marcada, entre outros factores, polos ciclos de reprodución ou as vedas de caza.

É unha estación ideal para consumir peixes azuis, como a sardiña coa que inauguramos o estío saltando as cacharelas. Tamén o atún, o bonito, a cabala e o xurelo. En canto ao peixe branco, estamos en tempada de San Martiño, castañeta vermella, ollomol, escarapote e pescada. Tampouco te podes esquecer da gamba e a lura, que poden protagonizar pratos deliciosos. No que respecta á carne, hai menos, pero, durante estes meses, pódese consumir carne de caza como paspallás, rula ou coello, por exemplo.

Receitas do prato ALIMENTES con produtos de verán

Este é o menú que preparamos, tendo en conta as proporcións do prato ALIMENTES (½ prato de vexetais e froitas, ¼ prato de proteínas saudables e ¼ prato de grans integrais).

1. Crema fría de cenoria

crema frio zanahoria scaled 1

Ingredientes:

  • 1 cebola
  • 1 dente de allo
  • 1 kg cenorias
  • 1 l caldo de verduras
  • Loureiro
  • 1 culleradiña cúrcuma moída
  • 1 culleradiña tomiño seco
  • ½ limón (zume)
  • 1 culleradiña perexil
  • Aceite de oliva virxe extra
  • Pementa negra moída
  • Sal

Preparación:

  • Pica a cebola e o dente de allo.
  • Lava e parte as cenorias.
  • Pon dous ou tres culleradas de aceite de oliva nunha pota e pocha a cebola co dente de allo. Engade as cenorias e remove ben.
  • Incorpora o loureiro, a cúrcuma, o tomiño, o zume de limón, pementa negra e un pouco de sal. Cobre co caldo de verduras. Cando chegue a ebulición, deixa cocer a lume lento ata que a cenoria estea moi branda.
  • Retira do lume e deixa temperar antes de triturar todo. Podes engadir máis caldo en función da consistencia desexada. Salpimenta ao gusto.
  • Arrefría a crema no frigorífico e espolvorea o perexil á hora de servir. Podes engadir tamén queixo fresco, crème fraîche ou iogur.

2. Taboulé de cogombro e aguacate

taboule scaled 1

Ingredientes:

  • 150 g cuscús
  • 150 ml zume de pomelo
  • 1 cogombro
  • 1 aguacate maduro
  • Brotes para ensalada
  • 1 pemento verde pequeno (tipo Padrón)
  • 1 guindilla fresca vermella
  • 45 ml vinagre de viño branco
  • Aceite de oliva virxe extra
  • Sal

Preparación:

  • Mestura o zume de pomelo coa mesma cantidade de auga quente. Pon o cuscús nun bol e verte o zume sobre el. Cobre e deixa hidratar durante uns dez minutos.
  • Retira as sementes ao pemento e á guindilla. Parte e ponos nun vaso de batedora. Engade o vinagre e tres culleradas de auga, e tritura. Engade catro culleradas de aceite e un pouco de sal e mestura ben.
  • Pela e curta en dados o cogombro e o aguacate.
  • Remove o cuscús cun garfo e pono nunha fonte.
  • Mestura o cuscús co cogombro, o aguacate e os brotes de ensalada. Rega co vinagre e repárteo ben. Deixa arrefriar no frigorífico ata o momento de servir.

3. Milhojas de mango e frambuesas

milhojas scaled 1

Ingredientes:

  • 1 mango
  • 1 terrina de frambuesas (poden ser conxeladas)
  • Lemon curd (ao gusto)
  • Follas de menta fresca

Preparación:

  • Podes preparar o lemon curd ou mercalo.
  • Pela e abre un mango para cortar dúas rebanadas finas, das que sacarás rectángulos.
  • Para cada milhojas, corta 3 frambuesas en rodaxas e colocáas sobre unha lámina de mango. Engade unha cullerada de lemon curd sobre as frambuesas e cobre con outra lámina de mango.
  • Podes decorar cunha liña de frambuesas e menta fresca.

Que che parece este menú estival? Vas probalo este verán?

Volver ao blog

Converte a túa aula nun
espacio saudable

Descubre cando disfrutar de cada produto no seu mellor momento co noso calendario saudable

Para calquera consulta, escríbenos a:
alimentes@gadisa.es

Decálogos

Line 19
Alimentos

Consume unha gran variedade de alimentos

Así serán maiores as posibilidades de que a túa dieta sexa equilibrada e contenga os nutrientes necesarios.

Tomate

Prioriza os productos frescos ante os procesados

En especial, debes inxerir gran cantidade de verdura e froita fresca.

Agua

A hidratación é clave e a auga é a mellor bebida

Lémbrate de beber unha cantidade abundante de auga ao longo do día.

Dulces

Limita o consumo de doces, refrescos e chucherías

Deben ser algo ocasional na túa alimentación.

Alcohol

Elimina os hábitos tóxicos

O tabaco, o consumo abusivo de alcohol e o sedentarismo son tremendamente perxudiciais.

Deporte

Mantén unha actividade física diaria

Adecuada a túa idade e estado, que te permítache disfrutar e coidarte.

Descanso

Durme ben e suficiente

É tan importante coma comer ou beber adecuadamente.

Luz

Recibe luz solar

Fóra das horas de maior exposición, axuda a un correcto funcionamento do organismo.

Estrés

Acaba có estrés

É un factor grave de risco. Aprende a controlalo e alonxalo do teu día a día.

Ríe

Ríe, conversa, debate e aprende en comunidade

As relacións sociais e familiares satisfactorias aumentan a nosa calidade de vida.