Cinco snacks saudables e frescos
Ás veces, parece que a palabra snack pode estar rifada co saudable e en Gadis queremos demostrarche que iso non ten por que ser así. É verdade que un snack é un aperitivo lixeiro, rápido e apetitoso que adoita estar xa preparado, e talvez esteas a pensar na ampla oferta de produtos ultraprocesados. Con todo, hai moitas outras opcións e ocórrensenos varias propostas que cumpren con todos os requisitos dunha dieta variada e nutritiva. Hoxe compartimos contigo algunhas ideas para que, este verán, poidas levar algún refrixerio san e fresco nas túas xornadas de praia, piscina ou montaña, ou simplemente para ter algo delicioso en casa cando necesites un aperitivo. Aceptas o reto?
Cinco snacks saudables e frescos para este verán
Unha boa maneira de evitar caer na tentación dos snacks “menos saudables” é a planificación. As xornadas estivais adoitan ser longas e as actividades propias desta época do ano aumentan o apetito. Por iso, é importante que te organices e teñas sempre a punto unas cantas opcións nutritivas e saudables para poder recargar as túas pilas a base de produtos frescos e de tempada. Podes preparar distintas propostas das que botar man e poder manter, así, unha correcta rutina de alimentación a calquera hora. Aínda que é certo que as ideas que che propoñemos son un pouco máis elaboradas, non é necesario que todas o sexan. Unha peza de froita ou unhas olivas aderezadas tamén son unha boa alternativa cando a fame apreta😉.
1. Polo de melocotón y iogur natural

A quen non lle apetece un xeado no verán? Aquí che propoñemos unha receita á que non hai que engadir ningún edulcorante máis que o da propia froita. Necesitarás moldes para dar forma aos polos e paus para poder suxeitalos á hora de comelos. Recomendámosche que busques opcións reutilizables e apostes pola sustentabilidade.
Ingredientes:
- 2 pexegos grandes
- 250 g iogur natural sen azucre engadido
- Arandos (opcional)
Preparación:
- Pela e corta os pexegos pola metade, retira o óso antes de partilos. Colócaos no vaso da picadora.
- Agrega o iogur natural e tritura todo ata obter unha textura cremosa. Podes engadir os arandos á crema para achegar unha textura e un sabor diferente.
- Enche os moldes para polos e coloca os pauciños. Introduce os polos no conxelador. Debes deixalos polo menos catro horas para que estean ben conxelados.
2. Pudding de chía, cacao e froitos vermellos

Esta é unha receita perfecta para preparar con nenos porque poden facela practicamente sós. É importante engadir suficiente líquido para que as sementes de chía queden a remollo. Iso fará que liberen unha substancia que se chama mucílago, que será a que lle achegue a textura de pudding.
Ingredientes:
- 4 culleradas de sementes de chía
- 1 vaso de bebida de améndoas
- Froitos secos ao gusto (abelás, noces, améndoas)
- Froitos vermellos (arandos, frambuesas)
- Cacao cru en po
- Sirope de agave
Preparación:
- Nun recipiente amplo e alto, verte a bebida de améndoas e engade as sementes de chía. Mestura todo ben.
- Engade o cacao e o sirope de agave e volve remover.
- Has de deixar as sementes a remollo polo menos 4 horas. Podes preparala a última hora da tarde e deixalas toda a noite na neveira. Ao día seguinte terá unha textura tipo xelatina.
- Coloca nun cunco a cantidade que desexes e engade froitos vermellos ao teu gusto. Desfai os froitos secos que che apetezan e espolvoréaos por encima.
3. Bocadiños xeados de froitos vermellos e iogur

Ingredientes:
- 1 cunca de frambuesas
- 1 cunca de arandos
- 1 cunca de amoras
- 1 cunca de iogur grego sen azucre engadido
Preparación:
- Mergulla os froitos vermellos de maneira individual no iogur coa axuda dunha culler.
- Coloca a froita con iogur nun recipiente para facer xeos.
- Pica un escarvadentes na froita para que logo sexa máis fácil sacala do recipiente.
- Repite o procedemento con cada froita.
- Introduce os recipientes no conxelador durante polo menos unha hora ou ata que estean totalmente conxeladas as froitas e o iogur.
- Podes ir sacando aos poucos para ir consumindo pouco a pouco. Podes mesturar as froitas no recipiente para xeos ou preparar unha para cada froita.
4. Apio/Endibia/Mazá con queixo fresco batido

Ingredientes:
- 12 tallos de apio/ 1 bandexa de endibias/ 2 mazás (podes escoller o que teñas en casa ou o que máis che apeteza)
- 225 g de queixo crema
- 50 g olivas verdes sen óso
- 50 g pementos vermellos asados
- 50 g cebola
- 1 culler de perexil
- Tabasco (opcional)
Preparación:
- Corta as follas do apio e o final do tallo, separa as follas de endibia ou corta as mazás en medias lúas.
- Nun cunco, bate o queixo crema lixeiramente e engade as olivas, o pemento e a cebola ben picados.
- Agrega o perexil e, se che gusta o picante, unha culler de tabasco. Mistura ben.
- Podes introducir a mistura nunha manga pasteleira para poñelos sobre os vexetais ou a froita colocala nun cunco para “mollar” ao teu gusto.
5. Cherry, queixo fresco e albahaca

Ingredientes:
- 250 g de tomates cherry
- 250 g de queixo fresco
- Follas frescas de albahaca
- Aceite de oliva virxe extra
Preparación:
- Lava os tomates e córtaos á metade.
- Lava as follas de albahaca e sécaas ben con papel de cociña.
- Cuns paus de brocheta reutilizables, monta os pinchos introducindo primeiro unha metade de tomate, despois un pouco ou unha folla enteira de albahaca e un cadrado de queixo fresco (tamén pode ser mozarella ou feta). Remata con outra folla de albahaca e outra metade de tomate.
- Antes de servir, engade un pouco de aceite de oliva virxe extra para potenciar o sabor. Tamén podes preparar unha vinagreta.
Este verán vas apostar polos aperitivos saudables? Tes algunha receita refrescante que queiras compartir? Se probas algunha das nosas propostas, non deixes de contárnolo! 😉
Converte a túa aula nun
espacio saudable
Descubre cando disfrutar de cada produto no seu mellor momento co noso calendario saudable
Para calquera consulta, escríbenos a:
alimentes@gadisa.es
Decálogos
Consume unha gran variedade de alimentos
Así serán maiores as posibilidades de que a túa dieta sexa equilibrada e contenga os nutrientes necesarios.
Prioriza os productos frescos ante os procesados
En especial, debes inxerir gran cantidade de verdura e froita fresca.
A hidratación é clave e a auga é a mellor bebida
Lémbrate de beber unha cantidade abundante de auga ao longo do día.
Elimina os hábitos tóxicos
O tabaco, o consumo abusivo de alcohol e o sedentarismo son tremendamente perxudiciais.
Mantén unha actividade física diaria
Adecuada a túa idade e estado, que te permítache disfrutar e coidarte.
Prioriza o consumo de alimentos locais e de tempada
Respetan o ciclo natural, xeran riqueza no entorno e chegan máis frescos e sabrosos.
Lee as etiquetas dos produtos
Aprende o significado da información dada. Un consumidor informado é un consumidor responsable.
Aumenta o número de compras á semana
Permitiráche ter sempre produtos frescos e frear o malgasto de alimentos no teu fogar.
Almacena adecuadamente os alimentos
Así aumentarán o seu tempo de consumo e evitaremos o desperdicio.
Súmate ás bolsas de compra reutilizables
As bolsas biodegradables para o cubo do lixo son prácticas, hixénicas e respetuosas có medio ambente.
Fai un uso racionalizado da auga
Evita deixar grifos abertos ou prelavados innecesarios no lavalouza e lavadora.