Gadis e a educación ambiental
O 26 de xaneiro celébrase o Día Mundial da Educación Ambiental, cuxo obxectivo é mellorar as relacións ecolóxicas do ser humano coa natureza e das persoas entre si. A educación ambiental pretende transmitir coñecementos á cidadanía que axuden a protexer a contorna natural e o medio ambiente, tratando de xerar hábitos e condutas na poboación baseados na concienciación sobre os problemas ambientais actuais. Tamén busca incorporar valores relacionados coa consecución dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible e dotar de ferramentas para a prevención e resolución de calquera problemática que supoña unha ameaza para a supervivencia do planeta. En Gadis, levamos moitos anos vinculados á educación ambiental a través da posta en marcha de iniciativas que fomentan o coidado do medio ambiente e a transformación de condutas. Con pequenos xestos como, por exemplo, a separación de residuos, a redución do desperdicio alimentario e a modificación de hábitos cotiáns pódese reducir o noso impacto sobre a contorna. Xa estás no camiño da transición ecolóxica? Segue lendo!

¿Qué es la educación ambiental?
Os principios da educación ambiental establecéronse en 1975, durante a celebración en Belgrado do Seminario Internacional de Educación Ambiental. Como resultado, publicouse a Carta de Belgrado, na que se recolleron os seus obxectivos e funcións. De acordo con este documento, a educación ambiental pretende formar a unha poboación mundial consciente e preocupada polo medio ambiente e os problemas que lle afectan. Consiste en informar e concienciar sobre a importancia de protexer e coidar a contorna natural, co fin de xerar hábitos e condutas que contribúan a mitigar os desafíos actuais e incorporar ferramentas para previlos e resolvelos. Ademais de ensinar e sensibilizar, a educación ambiental busca tamén transmitir valores e actitudes que promovan o uso racional dos recursos naturais, buscando que a poboación tome conciencia da realidade global do planeta e das consecuencias das súas accións sobre a natureza e sobre os seus concidadáns e concidadás.
En definitiva, a educación ambiental aumenta a concienciación e o coñecemento sobre a protección da contorna e mellora as habilidades para tomar decisións e resolver problemas, fomentando os seguintes aspectos:
- Coñecemento da contorna e da situación actual do planeta.
- Conciencia e sensibilidade sobre o coidado da contorna e os desafíos ambientais.
- Actitudes de preocupación pola contorna e de interese por mellorar a situación actual.
- Habilidades para identificar e contribuír a resolver os desafíos ambientais.
- Participación en actividades que contribúan a resolver os desafíos ambientais.

Gadis e a educación ambiental
A educación ambiental está dirixida á poboación en xeral. Pode realizarse a través da educación formal coa inclusión de contidos curriculares na educación regrada, ou tamén dunha maneira non formal. Tendo en conta que o obxectivo principal é aumentar a concienciación e o coñecemento dos cidadáns e as cidadás sobre temáticas ou problemas ambientais, todos e todas podemos converternos en axentes de transmisión. Nunha crise climática como a que arrasa o noso planeta, a educación ambiental é crucial. Por iso, en Gadis decidimos xa hai anos sumar esforzos para contribuír á implementación de medidas adecuadas e fomentar a adopción de hábitos respectuosos co medio ambiente, pero tamén coas persoas que nos rodean. Como o facemos? De moitas maneiras!

Dende o principio, fomos conscientes de que a educación ambiental é un proceso permanente, que pode poñerse en práctica de maneira informal no día a día dos nosos supermercados ou dunha maneira máis organizada co deseño e a posta en marcha de distintas accións. Trátase de que a poboación vaia adquirindo conciencia do seu medio, así como coñecementos, valores, destrezas e experiencia suficientes para actuar, individual e colectivamente, na resolución dos desafíos ambientais presentes e futuros.
En Gadis asumimos como propios os retos ambientais mundiais e locais, e a protección do medioambiente está presente en todas as fases da cadea alimentaria tanto na loxística como na experiencia de compra nos nosos establecementos:
- Apoiamos a máis dun milleiro de produtores e provedores local
- Tratamos de mellorar continuamente o desempeño ambiental e o uso sostible de recursos, buscando fontes de enerxía máis sostibles.
- Tentamos previr, reducir ou reparar calquera forma de contaminación, non só na cadea loxística, senón tamén nos hábitos de compra dos nosos clientes.
- Asumimos e apoiamos iniciativas de economía circular, buscando a optimización dos recursos, a correcta xestión de residuos e a redución do desperdicio alimentario.
- Implementamos medidas de adaptación e mitigación do cambio climático.
- Apostamos pola protección da biodiversidade.
- Buscamos o coidado das persoas que visitan as nosas tendas a través da atención que lles prestan os nosos traballadores e traballadoras, e fomentamos o respecto pola diversidade.

Ademais, ALIMENTES, o noso programa de educación para a sustentabilidade que iniciamos hai máis de 20 anos, ofrece unha plataforma en liña con contidos moi variados sobre o tema. Centrado en catro eixos (consumo responsable, desperdicio alimentario, alimentación saudable e vida activa), está ideado para que o persoal docente de centros de Galicia e Castela e León poida apostar pola educación ambiental dunha maneira sinxela e en distintas contornas.
Como ves, en Gadis entendemos a educación ambiental para a sustentabilidade como un conxunto, no que tanto as actuacións e decisións máis globais como as pequenas accións que se poden levar a cabo en tenda dunha maneira informal son importantes. Trátase dun proceso de educación, comunicación e participación co que buscamos non só a aprendizaxe, senón tamén unha reflexión que leve a a adopción de hábitos que permitan afrontar os retos socioambientales actuais de maneira intuitiva e natural. Ti tamén es parte da solución!
Converte a túa aula nun
espacio saudable
Descubre cando disfrutar de cada produto no seu mellor momento co noso calendario saudable
Para calquera consulta, escríbenos a:
alimentes@gadisa.es
Decálogos
Consume unha gran variedade de alimentos
Así serán maiores as posibilidades de que a túa dieta sexa equilibrada e contenga os nutrientes necesarios.
Prioriza os productos frescos ante os procesados
En especial, debes inxerir gran cantidade de verdura e froita fresca.
A hidratación é clave e a auga é a mellor bebida
Lémbrate de beber unha cantidade abundante de auga ao longo do día.
Elimina os hábitos tóxicos
O tabaco, o consumo abusivo de alcohol e o sedentarismo son tremendamente perxudiciais.
Mantén unha actividade física diaria
Adecuada a túa idade e estado, que te permítache disfrutar e coidarte.
Prioriza o consumo de alimentos locais e de tempada
Respetan o ciclo natural, xeran riqueza no entorno e chegan máis frescos e sabrosos.
Lee as etiquetas dos produtos
Aprende o significado da información dada. Un consumidor informado é un consumidor responsable.
Aumenta o número de compras á semana
Permitiráche ter sempre produtos frescos e frear o malgasto de alimentos no teu fogar.
Almacena adecuadamente os alimentos
Así aumentarán o seu tempo de consumo e evitaremos o desperdicio.
Súmate ás bolsas de compra reutilizables
As bolsas biodegradables para o cubo do lixo son prácticas, hixénicas e respetuosas có medio ambente.
Fai un uso racionalizado da auga
Evita deixar grifos abertos ou prelavados innecesarios no lavalouza e lavadora.