Economía circular
Hoxe queremos falar dunha economía que imita o ciclo da natureza. Unha economía que non xera residuos xa que todo o reintroduce de novo na cadea de produción, pero… como é isto posible?
Que é a Economía Circular?
Nos últimos 50 anos triplicamos o número de residuos que producimos. A razón? Pois é a economía lineal de producir, usar e tirar. Esta forma de xerar refugallos continua xera contaminación atmosférica e das augas que repercute directamente sobre a saúde humana.
A economía circular propón pasar o problema á oportunidade, apoiando o cambio cara unha economía eficiente cos recursos, de baixa emisión de carbono e que minimice os residuos ao pechar o ciclo de vida dos produtos.
A Economía Circular é un novo modelo de produción e consumo que pretende incidir no propio deseño de produto para ter varias vidas ou formar parte doutros procesos e/ou produtos cando cheguen ao seu fin. É dicir, deseñar un produto pensando en que vai ser súper duradeiro e que cando xa non valla será sinxelo reparalo ou usalo para crear novos produtos. A clave está en entender o principio de que os residuos son “comida”. Aquí vos deixamos un vídeo que o ilustra estupendamente.

ODS e Economía Circular
Os Obxectivos do Desenvolvemento Sustentable (ODS) teñen unha relación directa coa Economía Circular. En realidade, a Economía Circular é unha das maiores estratexias para alcanzar moito deles. Aquí vemos os que están directamente relacionados:
- ODS 3: Saúde e benestar, debido á contaminación atmosférica e das augas potables.
- ODS 7: enerxías sustentables, para evitar seguir incrementando a temperatura e os efectos asociados.
- ODS 8: traballo decente e crecemento económico, xa que a E. C. podería xerar uns 600.000 postos de traballo en España para o 2020.
- ODS 9: industria, innovación e infraestruturas, que permitan novos produtos, servizos e modelos de negocio baseados na E. C.
- ODS 12: produción e consumo responsables, acabando coa obsolescencia programada, consumindo o que necesitamos, reparando o que se estraga…
- ODS 13: acción polo clima, o cambio climático é indiscutible así que debemos frealo canto antes.
- ODS 14: vida mariña, a contaminación por plásticos nos océanos supón unha terrible ameaza contra a vida dentro e fora da auga.
- ODS 15: vida ecosistemas terrestres, a economía lineal necesita cada vez de maiores extensións de terra para o seu modelo de produción poñendo en risco a vida na mesma.

Recursos educativos Economía Circular
Como podemos contribuír á Economía Circular desde as nosas escolas e casas? O primeiro que temos que facer é cambiar a mentalidade. Ás veces é o máis difícil!
A Fundación Ellen MacArthur é unha das maiores impulsoras a nivel mundial deste tipo de Economía. Ellen MacArthur é unha muller británica que con menos de 30 anos bateu o record en dar a volta ao mundo como navegante solitaria sen paradas. Esta experiencia cambioulle a forma de ver e entender os recursos. Todo do que dispuxo durante os 72 días de travesía foi o que cargara en porto o día da súa saída. Reparar, repensar usos, reinventar receitas… todas as Rs que nos podemos imaxinar pasaron pola súa cabeza.
Na páxina web da fundación contamos cun apartado de recursos para educación superior e para escolas. Estas actividades están en inglés, pero poden axudarnos a completar as competencias curriculares que debemos traballar nestas linguas. Así conseguimos mellorar o inglés á vez que coidamos do planeta ?
Esperamos que o gocedes e nos contedes como foron as actividades!
Podes ampliar información nos seguintes enlaces:
Converte a túa aula nun
espacio saudable
Descubre cando disfrutar de cada produto no seu mellor momento co noso calendario saudable
Para calquera consulta, escríbenos a:
alimentes@gadisa.es
Decálogos
Consume unha gran variedade de alimentos
Así serán maiores as posibilidades de que a túa dieta sexa equilibrada e contenga os nutrientes necesarios.
Prioriza os productos frescos ante os procesados
En especial, debes inxerir gran cantidade de verdura e froita fresca.
A hidratación é clave e a auga é a mellor bebida
Lémbrate de beber unha cantidade abundante de auga ao longo do día.
Elimina os hábitos tóxicos
O tabaco, o consumo abusivo de alcohol e o sedentarismo son tremendamente perxudiciais.
Mantén unha actividade física diaria
Adecuada a túa idade e estado, que te permítache disfrutar e coidarte.
Prioriza o consumo de alimentos locais e de tempada
Respetan o ciclo natural, xeran riqueza no entorno e chegan máis frescos e sabrosos.
Lee as etiquetas dos produtos
Aprende o significado da información dada. Un consumidor informado é un consumidor responsable.
Aumenta o número de compras á semana
Permitiráche ter sempre produtos frescos e frear o malgasto de alimentos no teu fogar.
Almacena adecuadamente os alimentos
Así aumentarán o seu tempo de consumo e evitaremos o desperdicio.
Súmate ás bolsas de compra reutilizables
As bolsas biodegradables para o cubo do lixo son prácticas, hixénicas e respetuosas có medio ambente.
Fai un uso racionalizado da auga
Evita deixar grifos abertos ou prelavados innecesarios no lavalouza e lavadora.