Recursos

Especial #GadisSalud: o caqui

separador
CAQUI GADIS 18 scaled 1

Alcanzado case o ecuador do outono, é o momento de falar do caqui. Unha froita que, quizáis polo seu sabor tan doce, pode conquistarte e converterse nunha das túas favoritas, ou non gustarche nada en absoluto. Co caqui, non adoita haber termo medio. Se es do seu club de fans, atoparalo na sección de froita e verdura dos nosos supermercados Gadis durante as próximas semanas. Sabías que hai sitios nos que lle chaman palosanto? Puxéronlle ese nome porque adoita madurar en torno ao 1 de novembro, festividade de Todos os Santos. Queres coñecer máis curiosidades sobre esta froita? Hoxe contámoschas no noso especial #GadisSalud. Segue lendo!

CAQUI GADIS 12 scaled 1

Orixe e variedades do caqui

O caqui ou palosanto é orixinario de China, onde se cultiva desde hai máis de 3.000 anos. De alí, estendeuse a Corea, Vietnam, Indonesia, Filipinas e, sobre todo, a Xapón, onde é froito nacional e onde recibiu o nome de kaki. A mediados do século XIX, deu o salto a América do Norte e non tardou en chegar á conca mediterránea.

É unha froita tropical da familia das ebanáceas e ten distintas variedades aptas para o consumo. Hai moitas que son só ornamentais. Caracterízase por unha cor alaranxada avermellada, e unha polpa doce, de textura suave e zumarenta. O seu nome científico é Diospyros kaki, que significa froita do lume divino. Existen máis de mil variedades de caqui, pero poucas se cultivan comercialmente. As variedades divídense en dous tipos (astrinxentes e non astrinxentes) e esta característica débese ao seu alto contido en taninos, unhas substancias de sabor amargo que van desaparecendo a medida que a froita madura.

En España, contamos cunha denominación de orixe do caqui, a da Ribeira do Xúquer. O cultivo desta froita iniciouse nesta rexión valenciana na década dos anos 50 e substituíu ao da laranxa. Pertence á variedade astrinxente vermello brillante e comercialízase de dúas formas: o caqui classic, que é o tradicional con pulpa branda cando madura e astrinxente se está verde; e o persimón, ao que se aplica un tratamento para eliminar a astrinxencia e que poida comerse antes de madurar.

CAQUI GADIS 10 scaled 1

Os beneficios do caqui

O caqui ou persimón destaca polo seu contido en auga e en fibra, por iso axuda ao tránsito intestinal. A dozura do seu sabor débello á proporción de hidratos de carbono (16%), fundamentalmente fructosa e glicosa, o que fai que teña un contido calórico bastante elevado. É unha fonte de provitamina A (substancias que unha vez no organismo transfórmanse en vitamina A) e de vitamina C e é rico en potasio. Contén tamén magnesio e fósforo e estes son algúns dos seus beneficios máis importantes:

  • É un potente antioxidante pola súa achega de vitamina C, que axuda a combater o efecto dos radicais libres.
  • Protexe a vista e favorece o bo funcionamento do sistema inmune pola presenza de vitamina A.
  • Axuda a previr a aterosclerose e a diminuir o colesterol en sangue.
  • Presenta unha gran capacidade inactivadora de todo tipo de virus grazas ao seu contido en taninos.
  • A achega de calcio axuda a mellorar a circulación da sangue e a fortalecer os ósos.
  • Axuda aos procesos dixestivos e combate o estreñimento.

CAQUI GADIS 15 scaled 1

Cociña con caqui

O caqui pode converterse nun ingrediente sorprendente na cociña. Sen dúbida, é perfecto para marmeladas e confeituras. Tamén podes caramelizalo cunha cebola ou un allo porro para acompañar algunha carne, por exemplo. Outra opción é utilizalo para engadir un toque doce a algún prato. Combina moi ben con cogomelos, queixos de sabor intenso e froitos secos. Só tes que deixar voar a túa imaxinación! Hoxe propoñémosche unha ensalada outonal diferente.

E xa sabes, onde dicimos caqui, tamén falamos de persimón. A única diferenza é o punto de dozura no seu sabor. O persimón é o caqui antes da súa maduración, que foi tratado para quitarlle o amargor.

Ensalada morna de lentellas, caqui e dous queixos

CAQUI GADIS 8 scaled 1

Ingredientes:

  • Lentellas (podes usalas xa cocidas)
  • 1 tomate
  • Queixo roquefort ou similar
  • Queixo fresco de cabra
  • 1 caqui
  • 1 leituga romana
  • Aceite de oliva virxe extra
  • Vinagre balsámico

Preparación:

  1. Se non optaches polas lentellas xa cocidas, cocíñaas con antelación.
  2. Prepara o resto de ingredientes: pela e corta o tomate en dados; lava e trocea unhas follas de leituga; parte os queixos e pela o caqui e fai cuarteiróns grandes.
  3. Coloca os ingredientes nunha bandexa. Comeza polas lentellas mornas, engade o tomate, a leituga, os cuarteiróns de caqui e os queixos.
  4. Adereza co aceite de oliva virxe extra e o vinagre balsámico. Salpimenta ao gusto e listo para servir!

Lembra que para que o caqui se conserve en perfectas condicións, convén que o gardes na neveira e non o manipules en exceso. Anímaste a probar esta receita?

Volver ao blog

Converte a túa aula nun
espacio saudable

Descubre cando disfrutar de cada produto no seu mellor momento co noso calendario saudable

Para calquera consulta, escríbenos a:
alimentes@gadisa.es

Decálogos

Line 19
Alimentos

Consume unha gran variedade de alimentos

Así serán maiores as posibilidades de que a túa dieta sexa equilibrada e contenga os nutrientes necesarios.

Tomate

Prioriza os productos frescos ante os procesados

En especial, debes inxerir gran cantidade de verdura e froita fresca.

Agua

A hidratación é clave e a auga é a mellor bebida

Lémbrate de beber unha cantidade abundante de auga ao longo do día.

Dulces

Limita o consumo de doces, refrescos e chucherías

Deben ser algo ocasional na túa alimentación.

Alcohol

Elimina os hábitos tóxicos

O tabaco, o consumo abusivo de alcohol e o sedentarismo son tremendamente perxudiciais.

Deporte

Mantén unha actividade física diaria

Adecuada a túa idade e estado, que te permítache disfrutar e coidarte.

Descanso

Durme ben e suficiente

É tan importante coma comer ou beber adecuadamente.

Luz

Recibe luz solar

Fóra das horas de maior exposición, axuda a un correcto funcionamento do organismo.

Estrés

Acaba có estrés

É un factor grave de risco. Aprende a controlalo e alonxalo do teu día a día.

Ríe

Ríe, conversa, debate e aprende en comunidade

As relacións sociais e familiares satisfactorias aumentan a nosa calidade de vida.