A información nutricional da etiqueta
A etiquetaxe nutricional achéganos unha valiosa información acerca dos alimentos que consumimos. Aprender a lela, e afacernos a facelo, axudaranos a tomar mellores decisións de compra. Máis saudables e responsables 😉
Que información nos aporta a etiquetaxe nutricional?
A etiqueta nutricional é como o DNI da comida envasada. Nela podemos atopar:
- Valor enerxético (expresado en Quilojoules (kJ) e Quilocalorías (kcal).
- As cantidades de graxas, graxas saturadas, hidratos de carbono, azucres, proteínas e sal.
- Opcionalmente, pode indicar a cantidade das seguintes substancias: graxas monoinsaturadas, graxas poliinsaturadas, polialcohois, amidón, fibra alimentaria, vitaminas e minerais (presentes en cantidades significativas).
- Algúns incorporan a Cantidade Diaria Recomendada (CDR) de cada nutriente.
Ademais, esta información pode aparecer:
- Por porción ou unidade de consumo e o número de porcións ou unidades contidas.
- Como porcentaxe das tomas de referencia por 100 g ou por 100 ml.
- Como porcentaxe das tomas de referencia por porción ou unidade de consumo.
Así mesmo, estes produtos tamén contan coa lista de ingredientes presentados por orde de cantidade. Nesa listaxe indican a presenza de alérxenos de maneira destacada (tipo de fonte, cor de fondo ou estilo).

Como interpretar a información nutricional?
Vale. Agora xa sabemos que información podemos consultar, pero… que significa?
É difícil establecer as cantidades ou porcentaxes recomendados de nutrientes falando en xeral. Un 10% de presenza dun nutriente pode ser moito ou pouco. Depende en gran medida das outras tomas que realizásemos, a dieta que levemos ou as alerxias e/ou intolerancias que teñamos.
Con todo, existen algunhas nocións que poden axudarnos se as temos claras:
- Ao longo do día, a repartición de macronutrientes debe ser equilibrado. Aproximadamente (sempre que non exista unha pauta médica que o varíe) debe ser entre un 50% e 60% de hidratos de carbono, un 25%-35% de graxas e entre un 10% e un 15% de proteínas.
- Tamén debemos lembrar que convén inxerir 4-5 comidas/día. A repartición recomendada é o almorzo 20-25%, comida 30-35%, merenda/ s 15-20% e cea 20-25%.
Para facernos unha idea, podemos dicir que se un alimento contén un 5% ou menos da CDR dun nutriente é baixo nese nutriente. Se pola contra contén un 20% ou máis, é alto. Será bo ou malo en función da toma total de nutrientes ao longo do día. Tamén en función da nosa dieta ou limitacións (por exemplo, persoas con diabetes).
Sabemos que os alimentos ricos en graxas, azucres e sal deben ser tomados con mesura. As graxas vexetais e ricas en omega 3 son moi calóricas, pero tamén moi beneficiosas para a saúde. Con todo, as graxas saturadas e, sobre todo, as graxas trans ademais de ser moi calóricas, son pouco saudables. De maneira que manter o consumo deste tipo graxas ao mínimo é unha gran idea.
Recursos para nenos e nenas sobre a etiqueta nutricional
O Departamento de Saúde e Servizos Humanos dos Estados Unidos, desenvolveu unha serie de recursos para menores e familias. Unha gran parte destes materiais están traducidos ao español.
Recomendamos ver este vídeo no aula ou na casa para comezar un diálogo cos nosos e nosas alumnas e/ou fillos e fillas. Esta actividade está recomendada para nenas e nenos de entre 9 e 11 anos.

Despois podemos continuar con esta sopa de letras sobre nutrientes. Tras este exercicio podedes falar sobre cales deses nutrientes deben estar máis presentes e cales menos. Tede en conta que en EE. UU denominan VD (valor diario) e en España denomínase CDR (cantidade diaria recomendada).
E xa por último, tedes este cartel pinchando aquí cuns consellos para a casa, escola e restaurantes 😊.
Para ampliar información sobre alimentación saudable e etiquetaxe nutricional podes consultar as seguintes ligazóns:
Converte a túa aula nun
espacio saudable
Descubre cando disfrutar de cada produto no seu mellor momento co noso calendario saudable
Para calquera consulta, escríbenos a:
alimentes@gadisa.es
Decálogos
Consume unha gran variedade de alimentos
Así serán maiores as posibilidades de que a túa dieta sexa equilibrada e contenga os nutrientes necesarios.
Prioriza os productos frescos ante os procesados
En especial, debes inxerir gran cantidade de verdura e froita fresca.
A hidratación é clave e a auga é a mellor bebida
Lémbrate de beber unha cantidade abundante de auga ao longo do día.
Elimina os hábitos tóxicos
O tabaco, o consumo abusivo de alcohol e o sedentarismo son tremendamente perxudiciais.
Mantén unha actividade física diaria
Adecuada a túa idade e estado, que te permítache disfrutar e coidarte.
Prioriza o consumo de alimentos locais e de tempada
Respetan o ciclo natural, xeran riqueza no entorno e chegan máis frescos e sabrosos.
Lee as etiquetas dos produtos
Aprende o significado da información dada. Un consumidor informado é un consumidor responsable.
Aumenta o número de compras á semana
Permitiráche ter sempre produtos frescos e frear o malgasto de alimentos no teu fogar.
Almacena adecuadamente os alimentos
Así aumentarán o seu tempo de consumo e evitaremos o desperdicio.
Súmate ás bolsas de compra reutilizables
As bolsas biodegradables para o cubo do lixo son prácticas, hixénicas e respetuosas có medio ambente.
Fai un uso racionalizado da auga
Evita deixar grifos abertos ou prelavados innecesarios no lavalouza e lavadora.