Recursos

Qué é a pesca sostible?

separador
b scaled 1

A axencia da ONU para a Alimentación e a Agricultura (FAO) leva anos traballando no fomento dun modelo de pesca sostible que protexa a biodiversidade mariña e o futuro de quen depende deste recurso. O sector da pesca e a acuicultura expandiuse de maneira significativa nas últimas décadas, con incrementos importantes na produción, a comercialización e o consumo. En 2018, alcanzouse a cifra récord de 179 millóns de toneladas, das cales 156 acabaron nos nosos pratos. Por iso, é importante tomar conciencia e saber que os mares e océanos non poden soportar o ritmo actual. Aproxímanse unhas datas nas que o peixe e o marisco adoitan converterse nos protagonistas dos menús do Nadal e, dende Gadis, queremos falarche dos criterios que garanten a sustentabilidade da pesca para que os teñas en conta, non só nestas datas, senón tamén ao longo do ano. Segue lendo!

b scaled 1

O informe SOFIA

O informe SOFIA é a ferramenta que utiliza a FAO para informar sobre o estado mundial da pesca e a acuicultura. A súa última edición (2020) está enfocada na sustentabilidade por varios motivos. Por unha banda, o ano pasado o Código de Conduta para a Pesca Responsable cumpría 25 anos e, ademais, esgotábase o prazo establecido para varios indicadores do ODS14.Vida submarina, dos que a axencia é “custodio”. Por outra banda, a FAO organizou o Simposio internacional sobre a Sustentabilidade da Pesca a finais de 2019 e, uns meses máis tarde, finalizou as súas directrices sobre o crecemento sostible da acuicultura e a sustentabilidade social ao longo das cadeas de valor. Todo isto deu lugar a un informe sobre o estado actual da pesca e a acuicultura mundial no que se outorgaba unha énfase especial á necesidade dun modelo sostible.
Os datos deste informe calculan que a produción mundial da pesca de captura aumentou un 14% dende 1990, mentres que a acuicultura se incrementou nun 527% e o consumo de peixe, nun 122%. Como ves, a maior parte do crecemento produciuse na acuicultura, mentres que a pesca de captura mantívose relativamente estable. Por iso, a axencia insiste no desenvolvemento da acuicultura sostible e a ordenación pesqueira eficaz. De feito, observáronse evidencias de que cando existe unha xestión adecuada das pesqueiras, as poboacións comezan a recuperarse, aínda que segue sendo necesario traballar para reverter a tendencia mundial daquelas que están sobreexplotadas.
Todos temos que poñer da nosa parte para protexer océanos, mares, augas continentais e recursos mariños a través da adopción dun estilo de vida sostible para o futuro. E, aínda que o informe pon de manifesto datos optimistas respecto diso (o 78,6% de todos os desembarques proveñen de poboacións biolóxicamente sostibles), aínda queda moito por facer e é importante que apostes por produtos de pesca sostible.

d scaled 1

Que é a pesca sostible?

A pesca sostible só pode garantirse se se evita a sobrepesca de forma que as poboacións se poidan reproducir adecuadamente. Por tanto, é imprescindible respectar a estrutura, a produtividade, a función e a diversidade dos ecosistemas mariños e os seus hábitats. Isto quere dicir que hai que minimizar os impactos sobre outras especies, prestando especial atención ás especies protexidas, ameazadas ou en perigo. Ademais, é necesaria unha boa xestión que logre a adaptación da pesqueira aos cambios que se produzan no medio mariño e que cumpra as leis locais, nacionais e internacionais.
A sustentabilidade dunha pesqueira pode medirse en función de tres factores:

  • Estado das poboacións de peixes: a pesca debe realizarse a un nivel que permita a súa continuidade de maneira indefinida.
  • Impacto ambiental: o proceso de captura debe respectar outras especies e hábitats dentro do ecosistema.
  • Ha de garantirse unha xestión pesqueira eficaz: ten que adaptarse aos cambios ambientais e ás necesidades dos ecosistemas nos que se realiza.

c scaled 1

Os beneficios da pesca sostible

A pesca sostible non só xera beneficios ambientais, senón tamén sociais e económicos:

  • Protexe a fauna mariña, respectando os ecosistemas mariños e adecuándose ao ritmo reprodutivo dos peixes para manter o equilibrio e garantir a supervivencia.
  • Rexeita a captura indiscriminada de especies ameazadas ou sen valor comercial.
  • Reduce o desperdicio, aproveitando todos os recursos (os exemplares mortos utilizánse para fariñas).
  • Contribúe á seguridade alimentaria.
  • Xera emprego e potencia a economía en pequenas comunidades.
  • Reduce a contaminación. Xera menos residuos, minimiza o consumo de enerxía e reduce o uso de produtos químicos.
  • Fomenta a xestión adecuada das pesqueiras.

a scaled 1

Como identificar a pesca sostible?

Existen selos internacionais como o estándar de MSC (Marine Stewardship Council) que determinan se unha pesqueira é sostible e se se está a xestionar de forma adecuada. Este tipo de ferramentas son fundamentais para contribuír á recuperación de mares e océanos. Ademais, para poder avaliar o camiño cara ao selo MSC, creouse a ferramenta FIP (Fishery Improvement Project), que permite planificar e avanzar cara á sustentabilidade.
Nos nosos supermercados, tamén queremos poñercho fácil e creamos a etiqueta propia de “Produto Ecolóxico. Sabor en estado puro”. Só tes que buscar un círculo coa palabra ecolóxico e follas verdes nos lineais. Na peixaría, podes identificar os produtos de acuicultura ecolóxica a través da etiqueta de pesca BIO, RICO, SOSTIBLE.
Este Nadal xa non hai escusa para coidar dos nosos mares e océanos, non crees?

Volver ao blog

Converte a túa aula nun
espacio saudable

Descubre cando disfrutar de cada produto no seu mellor momento co noso calendario saudable

Para calquera consulta, escríbenos a:
alimentes@gadisa.es

Decálogos

Line 19
Alimentos

Consume unha gran variedade de alimentos

Así serán maiores as posibilidades de que a túa dieta sexa equilibrada e contenga os nutrientes necesarios.

Tomate

Prioriza os productos frescos ante os procesados

En especial, debes inxerir gran cantidade de verdura e froita fresca.

Agua

A hidratación é clave e a auga é a mellor bebida

Lémbrate de beber unha cantidade abundante de auga ao longo do día.

Dulces

Limita o consumo de doces, refrescos e chucherías

Deben ser algo ocasional na túa alimentación.

Alcohol

Elimina os hábitos tóxicos

O tabaco, o consumo abusivo de alcohol e o sedentarismo son tremendamente perxudiciais.

Deporte

Mantén unha actividade física diaria

Adecuada a túa idade e estado, que te permítache disfrutar e coidarte.

Descanso

Durme ben e suficiente

É tan importante coma comer ou beber adecuadamente.

Luz

Recibe luz solar

Fóra das horas de maior exposición, axuda a un correcto funcionamento do organismo.

Estrés

Acaba có estrés

É un factor grave de risco. Aprende a controlalo e alonxalo do teu día a día.

Ríe

Ríe, conversa, debate e aprende en comunidade

As relacións sociais e familiares satisfactorias aumentan a nosa calidade de vida.