Recursos

Qué son os alimentos ecolóxicos?

separador
abeja polinizacion e1512490506276 scaled 1

Os produtos da agricultura ecolóxica son aqueles que se da maneira máis natural posible. Sen químicos de síntese.

Os alimentos ecolóxicos seguen un sistema de cultivo que respecta o ambiente e que conserva a fertilidade da terra mediante a optimización dos recursos naturais. Están certificados e sometidos a estritos controis que aseguran toda a cadea da orixe ao fin.

Alimentos como os de antes

Cando falamos de agricultura ecolóxica facémolo dende a innovación, pero coa vista posta no pasado. É dicir, moitas persoas poderían pensar que isto é unha novidade. Sen embargo, seguramente fora a forma na que os nosos e nosas avoas producisen alimentos. Algo así como entroncado coas formas de produción tradicionais, pero incorporando os coñecementos e controis científicos máis recentes.
Nostalxia do sabor dunha leituga de aldea? Unha cenoria sacada da terra? Un cocido “dos de antes”? Os alimentos ecolóxicos poden ser a resposta. Vexamos por que.

Saben mellor os alimentos ecolóxicos?

Os alimentos ecolóxicos podémolos atopar tanto frescos como procesados. No caso dos procesados, non podemos asegurar que o sabor é mellor, xa que se basea en percepcións subxectivas de cada persoa.
En canto aos frescos, si poderiamos dicir que é máis fácil encontrarnos cun sabor máis “de verdade”. Esta forma de produción respecta os ciclos tradicionais da terra tanto a nivel local como de tempada. Isto tradúcese en alimentos que crecen acordes a súa natureza con todo o seu sabor propio.

Son máis sans os alimentos ecolóxicos?

Podemos afirmar que os alimentos ecolóxicos son máis sans que os de produción masiva. Sobre todo, se entendemos a saúde como un concepto máis amplo e incluímos a saúde do planeta.

Algúns impactos no ambiente son:

  • Reducen a contaminación do aire, os solos e a auga.
  • Optimizan a saúde e a produtividade de plantas, animais e persoas.
  • Para evitar recorrer de forma intensiva aos fertilizantes e pesticidas, os cultivos ecolóxicos contan con medidas diversas. Por unha banda, está a rotación de cultivos para evitar a incidencia de enfermidades. Por outra, o uso de variedades vexetais máis resistentes, adaptadas ao medio local e con maior variabilidade xenética.
  • Promoven a biodiversidade e evitan a diminución de especies silvestres e auxiliares como as abellas, chaves para a polinización.

Organizacións internacionais como a FAO ou a Unión Europea defenden o impacto na saúde humana dos produtos ecolóxicos. Aínda que os estudos realizados presentan porcentaxes variables, e, a falta de estudos a longo prazo, existen algunhas conclusións comúns.  En xeral, mostran un menor contido de nitratos e menor presencia de residuos pesticidas. Na maioría téñense atopado niveis máis altos de vitamina C e compostos fenólicos.

Son máis caros os alimentos ecolóxicos?

Si comparamos os produtos ecolóxicos con outros, notaremos unha diferencia considerable no prezo. Velaquí algunhas razóns:

  • Desenvolvemento do mercado: en España, líder europeo en produción de alimentos ecolóxicos, o seu consumo está pouco estendido. Noutros países cun maior consumo de produtos ecolóxicos como Alemaña ou Dinamarca, a diferencia de prezo encontrase tan so en torno a un 10 %.
  • Custos ocultos: os sistemas de cultivo ecolóxico permiten evitar custos ambientais como a contaminación de acuíferos ou a erosión de solos, que están asociados aos cultivos convencionais. Estes custos non figuran no prezo final dos produtos de produción masiva.
  • Custos de persoal: a necesidade de máis persoal para o desenvolvemento da agroecoloxía, tamén inflúen no custo final do produto.
  • Menor volume produtivo: as producións ecolóxicas, ao respectar ó máximo o ciclo natural e non estar modificadas para aumentar rendementos, dan lugar a colleitas máis reducidas.

Non obstante, se consideramos darlle máis valor á alimentación dentro das nosas compras, pola súa relevancia para a nosa saúde e a do planeta, os produtos ecolóxicos son unha boa opción. Non temos por que cambiarnos ao 100% dun día para o outro. Podemos ir incorporando paulatinamente estes alimentos.
Para máis información:

Volver ao blog

Converte a túa aula nun
espacio saudable

Descubre cando disfrutar de cada produto no seu mellor momento co noso calendario saudable

Para calquera consulta, escríbenos a:
alimentes@gadisa.es

Decálogos

Line 19
Alimentos

Consume unha gran variedade de alimentos

Así serán maiores as posibilidades de que a túa dieta sexa equilibrada e contenga os nutrientes necesarios.

Tomate

Prioriza os productos frescos ante os procesados

En especial, debes inxerir gran cantidade de verdura e froita fresca.

Agua

A hidratación é clave e a auga é a mellor bebida

Lémbrate de beber unha cantidade abundante de auga ao longo do día.

Dulces

Limita o consumo de doces, refrescos e chucherías

Deben ser algo ocasional na túa alimentación.

Alcohol

Elimina os hábitos tóxicos

O tabaco, o consumo abusivo de alcohol e o sedentarismo son tremendamente perxudiciais.

Deporte

Mantén unha actividade física diaria

Adecuada a túa idade e estado, que te permítache disfrutar e coidarte.

Descanso

Durme ben e suficiente

É tan importante coma comer ou beber adecuadamente.

Luz

Recibe luz solar

Fóra das horas de maior exposición, axuda a un correcto funcionamento do organismo.

Estrés

Acaba có estrés

É un factor grave de risco. Aprende a controlalo e alonxalo do teu día a día.

Ríe

Ríe, conversa, debate e aprende en comunidade

As relacións sociais e familiares satisfactorias aumentan a nosa calidade de vida.