Recursos

Tres receitas sostibles para persoas con celiaquía

separador
RECETAS SIN GLUTE GADIS 1 scaled

En España, entre o 1% e o 2% da poboación é celíaca. Con todo, estímase que ata un 75% das persoas que padecen este trastorno dixestivo está sen diagnosticar. As expertas e os expertos advirten sobre a importancia de que sexa un ou unha especialista quen prescriba unha dieta sen glute. Por tanto, se sospeitas que podes ter algún tipo de intolerancia, é recomendable que consultes co teu persoal sanitario de referencia para tomar as decisións necesarias sobre a túa dieta. Se xa hai un diagnóstico de celiaquía, déchesche conta das dificultades que entraña seguir unha alimentación sen glute: falta de información, risco de contaminación cruzada, etc. Normalmente, o diagnóstico da enfermidade celíaca supón modificar o estilo de vida. Pero este cambio pódese aproveitar para mellorar a alimentación e lograr que sexa máis saudable e sostible 😉.  Os produtos frescos, naturais e de tempada poden converterse en grandes aliados! No equipo de Gadis queremos compartir tres receitas sostibles para persoas con celiaquía. Poden ser de utilidade aínda que non haxa persoas celíacas en casa porque cada vez é máis frecuente que haxa algunha na nosa contorna, verdade? Anímaste a preparar algunha das nosas propostas? Segue lendo!

Algúns consellos para cociñar sen gluten

O habitual é que nunha casa convivan persoas celíacas e non celíacas. Por iso, é importante tomar algunhas precaucións. Aquí deixamos algúns consellos:

  • A limpeza e a orde na cociña é moi importante porque calquera faragulla con glute constitúe un elemento de risco. Hai que limpar con auga e xabón todas as superficies antes de cociñar.
  • A limpeza do forno debe ser exhaustiva e realizarse sempre despois de que se cociñou algo con glute.
  • Evita os utensilios de madeira porque é porosa e non hai garantías de que se poida evitar a contaminación.
  • Presta atención ao almacenamento para colocar os produtos con glute nun lugar aparte.
  • Extrema as precaucións cos produtos compartidos como aceite, sal, azucre, manteiga, marmelada…

Se vas cociñar comida con glute e sen glute, sempre tes que preparar primeiro a da persoa celíaca.

Tres receitas sostibles para persoas con celiaquía

Salmorejo de aguacate

RECETAS SIN GLUTE GADIS 1 scaled

Ingredientes:

  • 1 tomate maduro
  • 1 dente de allo
  • 3 aguacates maduros
  • 50 g cogombro
  • 1 limón
  • 80 ml aceite de oliva virxe extra
  • Sal
  • Vinagre (opcional)

Preparación:

  1. Corta os aguacates pola metade e retira o óso. Saca a carne e colócaa nun vaso de batedora.
  2. Pela e parte o tomate e engádeo ao vaso da batedora co zume de medio limón, o cogombro e o dente de allo pelado.
  3. Tritura a máxima potencia ata obter unha mestura homoxénea.

Engade, aos poucos, o aceite de oliva virxe extra mentres bates para emulsionar a mestura e obter un salmorejo de textura cremosa. Sazona ao teu gusto. Podes engadir un chorriño de vinagre se queres achegar acidez. Serve inmediatamente.

Peitugas de polo á sidra glaseadas con cenoria

Ingredientes:

  • 4 peitugas de polo
  • 500 ml sidra de mazá
  • 8 cenorias
  • Pementa negra en grao
  • Cardamomo
  • Loureiro
  • Cravo<
  • 15 ml mel
  • Pementa negra moída<
  • Sal<
  • Aceite de oliva virxe extra

Preparación:

  1. Mestura a sidra cunha culleriña de sal nun recipiente fondo. Engade as especias.
  2. Seca as peitugas con papel de cociña, limpa posibles excesos de graxa e mergulla na sidra, procurando que queden cubertas. Tapa con film e leva á neveira. Deixa repousar como mínimo dúas horas.
  3. Saca as peitugas da neveira un intre antes de cociñalas para que se temperen. Escorre e seca lixeiramente as peitugas, reservando o líquido. Salpimenta.
  4. Quenta a lume medio-forte unha tixola e pon a carne. Doura por ambas as caras a lume forte.
  5. Lava e pela as cenorias. Córtaas en bastóns e salpimenta.
  6. Prequenta o forno a 200ºC. Rega o pito xa dourado cun bo chorriño de sidra e cociña uns 5 minutos máis por cada lado. Retira, engade o mel e bota as cenorias, salteándoas a lume forte un ou dous minutos.
  7. Coloca o pito encima das cenorias e enforna uns 10 minutos, ata que estea cocido por dentro. Podes engadir máis sidra se non hai suficiente. Rega a carne cos mollos da tixola a media cocción e antes de servir.

Mazás asadas ao microondas con arándanos

RECETAS SIN GLUTE GADIS 6 1 scaled

Ingredientes:

  • 4 mazás reineta
  • Zume de limón, laranxa ou lima (ao gusto)
  • Arandos conxelados
  • Dátiles ou mel (para adozar)
  • Canela moída

Preparación:

  1. Lava e seca as mazás, retira o corazón, procurando non romper o fondo. Asperxe cunhas pingas de zume cítrico.
  2. Fai un corte fino ao redor de cada mazá para que non exploten. Rechea con arandos conxelados, presionando con suavidade para que caiba o maior número posible.
  3. Dispón as mazás nunha fonte ou bol apto para o microondas e rega cun chorriño lixeiro de mel (ou parte e engade uns dátiles). Espolvorea canela moída e bota o resto do zume por encima.
  4. Introduce no microondas, tapa e programa entre 3 e 4 minutos a máxima potencia. O tempo dependerá do aparello e do tamaño das mazás. Teñen que quedar moi tenras, cos arandos licuados e a carne cremosa, saíndo polo corte lateral.

Con ganas de probar algunha destas receitas? Ou te animas a preparar o menú completo? Cóntanos!

Volver ao blog

Converte a túa aula nun
espacio saudable

Descubre cando disfrutar de cada produto no seu mellor momento co noso calendario saudable

Para calquera consulta, escríbenos a:
alimentes@gadisa.es

Decálogos

Line 19
Alimentos

Consume unha gran variedade de alimentos

Así serán maiores as posibilidades de que a túa dieta sexa equilibrada e contenga os nutrientes necesarios.

Tomate

Prioriza os productos frescos ante os procesados

En especial, debes inxerir gran cantidade de verdura e froita fresca.

Agua

A hidratación é clave e a auga é a mellor bebida

Lémbrate de beber unha cantidade abundante de auga ao longo do día.

Dulces

Limita o consumo de doces, refrescos e chucherías

Deben ser algo ocasional na túa alimentación.

Alcohol

Elimina os hábitos tóxicos

O tabaco, o consumo abusivo de alcohol e o sedentarismo son tremendamente perxudiciais.

Deporte

Mantén unha actividade física diaria

Adecuada a túa idade e estado, que te permítache disfrutar e coidarte.

Descanso

Durme ben e suficiente

É tan importante coma comer ou beber adecuadamente.

Luz

Recibe luz solar

Fóra das horas de maior exposición, axuda a un correcto funcionamento do organismo.

Estrés

Acaba có estrés

É un factor grave de risco. Aprende a controlalo e alonxalo do teu día a día.

Ríe

Ríe, conversa, debate e aprende en comunidade

As relacións sociais e familiares satisfactorias aumentan a nosa calidade de vida.