Especial #GadisSalud: os amorodos
Comezamos este especial #GadisSalud sobre os amorodos cun dato que probablemente non coñecías. Cóntanos a FAO (Organización das Nacións Unidas para a Alimentación e a Agricultura) que, para que podamos levarnos un amorodo á boca perfectamente desenvolvido e maduro, antes fan falta 21 visitas de abellas que completen a polinización. Deste imprescindible e máxico proceso, dependerá o sabor e o aspecto de cada amorodo (que está composto por máis de 400 sementes!). A próxima vez que desfrutes desta atractiva e deliciosa froita xa sabes a quen lle tes que dar as grazas 😉.
Estímase que existen mil variedades diferentes de amorodos, que proveñen de distintas rexións do mundo. Pero, como en Gadis mantemos un compromiso firme co produto de proximidade, non podemos deixar de recomendar que as consumas en tempada (entre marzo e maio) e probes o amorodo de Huelva. As horas de sol e o clima cálido fan que esta rexión acumule gran parte da produción estatal. De feito, en 2020, o 24,7% do amorodo que se produciu na Unión Europea era de procedencia española, e, destas, o 97% tiña selo andaluz. Queres saber máis sobre as propiedades e beneficios dos amorodos e que che deamos algunha idea para gozar do seu sabor? Segue lendo!

Os beneficios dos amorodos
Os amorodos son aptos para (case) tódolos públicos. Non importa o teu tipo de dieta ou cales sexan as túas características, poden ser moi boas aliadas do teu organismo grazas ás súas propiedades e beneficios:
- O seu contido en vitamina C (100 gramos de amorodos teñen máis que unha laranxa) axuda á formación de coláxeno e de glóbulos vermellos.
- Teñen ácido salicílico. Sóache este concepto? Si!, ese famoso medicamento ao que recorremos cando nos doe a cabeza, por exemplo. Por iso, os amorodos coñécense como “unha aspirina natural” e teñen propiedades antiinflamatorias.
- Grazas ao seu contido en potasio, son diuréticas, axudan a diminuír o colesterol e teñen propiedades alcalinizantes, que contribúen, entre outras cousas, á eliminación de ácido úrico.
- Teñen efectos saciantes polo seu alto contido en fibra e baixo en calorías.
- O azucre que conteñen é fructosa, así que as persoas diabéticas tamén poden consumilas.
Como ves, o amorodo é unha proposta saudable e nutritiva para a primavera. Iso si! Desaconséllase o seu consumo en persoas que padecen enfermidades intestinais como a colitis porque poden provocar irritación. Ademais, se a aspirina dáche problemas, lamentamos dicirche que é probable que tamén teñas que prescindir dos amorodos na túa dieta, pero seguro que atoparás algunha alternativa deliciosa nesta época do ano.

Receita con amorodos
Aínda que os amorodos adoitan reservarse para a sobremesa ou a merenda (ollo con abusar da nata como acompañamento!), animámosche a introducilas en pratos salgados. Por exemplo, en ensaladas, pokes, cuscús ou na túa torrada de aguacate do almorzo.
Hoxe traémosche unha versión saudable da marmelada de amorodo, un “vicio” ao que non imos engadir azucre, pero que resultará igual de irresistible.
Receita de marmelada de amorodos

Ingredientes:
- 250 g amorodos
- ½ limón
- 1 cullerada de sementes de chía ou dúas láminas de xelatina
- Edulcorante líquido (opcional)
- Arándos (opcional
Preparación:
- Lava ben os amorodos (e os arandos se queres engadilos á receita), corta os rabiños e tira as follas. Se queres, podes engadir un chorro de vinagre á auga para garantir que a froita quede limpa.
- Nunha pota, incorpora os amorodos e o zume de medio limón. Tamén podes relar un pouco da pel do limón (recorda lavalo ben antes!) para potenciar o sabor.
- Cociña a lume medio-baixo durante aproximadamente 15 minutos. Vixía que a textura que vaia adquirindo sexa a que máis che gusta (con máis grumiños, máis uniforme… ti decides!) e, cando estea ao teu gusto, apaga o lume e remove suavemente. Se crees que non che vai a gustar o sabor tan “natural”, podes engadir unhas pingas de edulcorante líquido, pero a nosa recomendación é que lle concedas unha oportunidade 😉.
- Este é o momento de decidir como prefires conseguir a textura “de marmelada”: con xelatina ou con chía? A nosa aposta sería a chía polos seus beneficios nutricionais e porque, así, a túa marmelada será apta para dieta vegana tamén. Pero ti tes a última palabra. Se escolles a chía, recorda incorporala ao retirar a pota do lume. Se optas pola xelatina, le o seguinte paso.
- (Opción xelatina) Hidrata as láminas de xelatina nun bol con auga fría durante aproximadamente 5 minutos. Cando estean listas (cunha textura branda), engádeas á mestura aínda quente que está na pota.
- Unha vez que a mestura está lista e coa consistencia adecuada, é o momento de poñela a arrefriar, preferiblemente nun recipiente de vidro. Espera a que a marmelada estea a temperatura ambiente antes de introducila na neveira. Alí conservarase aproximadamente durante dúas semanas. Tamén podes conxelala para ir consumíndoa aos poucos.
Agora que xa te contamos un pouco máis sobre os beneficios e as curiosidades desta froita que anuncia o inicio da primavera, só che queda visitar a frutería do teu supermercado Gadis máis próximo e desfrutar dun capricho saudable.
Converte a túa aula nun
espacio saudable
Descubre cando disfrutar de cada produto no seu mellor momento co noso calendario saudable
Para calquera consulta, escríbenos a:
alimentes@gadisa.es
Decálogos
Consume unha gran variedade de alimentos
Así serán maiores as posibilidades de que a túa dieta sexa equilibrada e contenga os nutrientes necesarios.
Prioriza os productos frescos ante os procesados
En especial, debes inxerir gran cantidade de verdura e froita fresca.
A hidratación é clave e a auga é a mellor bebida
Lémbrate de beber unha cantidade abundante de auga ao longo do día.
Elimina os hábitos tóxicos
O tabaco, o consumo abusivo de alcohol e o sedentarismo son tremendamente perxudiciais.
Mantén unha actividade física diaria
Adecuada a túa idade e estado, que te permítache disfrutar e coidarte.
Prioriza o consumo de alimentos locais e de tempada
Respetan o ciclo natural, xeran riqueza no entorno e chegan máis frescos e sabrosos.
Lee as etiquetas dos produtos
Aprende o significado da información dada. Un consumidor informado é un consumidor responsable.
Aumenta o número de compras á semana
Permitiráche ter sempre produtos frescos e frear o malgasto de alimentos no teu fogar.
Almacena adecuadamente os alimentos
Así aumentarán o seu tempo de consumo e evitaremos o desperdicio.
Súmate ás bolsas de compra reutilizables
As bolsas biodegradables para o cubo do lixo son prácticas, hixénicas e respetuosas có medio ambente.
Fai un uso racionalizado da auga
Evita deixar grifos abertos ou prelavados innecesarios no lavalouza e lavadora.