Recursos

Receitas do prato ALIMENTES con produtos de primavera

separador
PLATOALIMENTESPRIMAVERA GADIS 4 scaled 1

Tras estes días de descanso nos que quizá cometemos algún exceso alimentario, é un bo momento para restablecer e achegar ao prato ALIMENTES: o menú saudable os produtos de primavera. En Gadis atoparás todos os alimentos de tempada na nosa sección de froitas e verduras, na que temos unha gran variedade de produtos frescos no punto óptimo para o seu consumo. Hoxe imos ofrecerche algunhas ideas para que deseñes pratos saudables con todo o que nos brinda esta estación. Segue a ler!

Produtos de primavera

A primavera enche de cor as nosas despensas con froitas e verduras que nos axudan a manter unha boa hidratación. É a época dos froitos do bosque, os amorodos e a froita de óso e o momento ideal para consumir saborosos tomates, pementos, espárragos, cogombros e berenxenas, por exemplo. Pero non só as froitas e verduras teñen tempada, has de saber que a carne e o peixe tamén, que adoita estar marcada, entre outros factores, polos ciclos de reprodución ou as vedas de caza.

A primavera é unha estación ideal para consumir peixes azuis, como o atún, a anchoa, o arenque, a cabala, a sardiña e o xurelo. Tamén é época de anguía, bacallau, escarapote, dourada, linguado, robaliza, pescada, mero, castañeta, perca, peixe espada, rape, raia, salmón e congro. No que respecta á carne, aínda que a súa dispoñibilidade adoita estar garantida todo o ano pola gandería intensiva, a carne de caza varía e, durante estes meses, pódese consumir lebre, paspallás ou coello, por exemplo.

PLATOALIMENTESPRIMAVERA GADIS 4 scaled 1

Receitas do prato ALIMENTES con produtos de primavera

Os produtos de primavera permiten un sen fin de posibilidades: pratos fríos, ensaladas, cremas… Preparamos un menú no que tivemos en conta as proporcións do prato ALIMENTES (½ prato de vexetais e froitas, ¼ prato de proteínas saudables e ¼ prato de grans integrais), cumprindo a máxima principal: o consumo de produtos de tempada e de proximidade. Aquí o tes!

1. Gazpacho de cereixas con anchoas

PLATOALIMENTESPRIMAVERA GADIS 9 scaled 1

Ingredientes:

  • 2 tomates pera
  • Un bote de anchoas en conserva
  • 20 cereixas
  • Vinagre de frambuesa
  • ½ cogombro
  • 1 dente de allo
  • ½ pemento verde italiano
  • 100 g pan de hogaza duro
  • 1 vaso de auga
  • ½ vaso de aceite de oliva virxe extra
  • Sal

Preparación:

  1. Lava as cereixas e sácalles o óso.
  2. Nun vaso de batedora, introduce as cereixas, o cogombro, o allo, o pemento verde, a auga e o sal. Tritura ata obter unha crema.
  3. Coa a crema cun colador fino para retirar as peles e sementes do tomate e a pel das cereixas. Engade o aceite e volve usar a batedora, dándolle uns toques para emulsionar lixeiramente e engadir o toque de vinagre.
  4. Refrixérao e cando vaias servilo, coloca un par de anchoas en cada cunco ou prato e ve engadindo o gaspacho con coidado.

2. Ensalada de pataca cremosa con salsa de aguacate

Ingredientes:

  • 1 kg pataca pequena
  • 2 aguacates maduros de tamaño mediano
  • 10 ml mostaza de Dijon
  • 1 cullerada de perexil fresco
  • 1 cullerada de coandro fresco
  • ½ cullerada de ceboliño
  • 1 cullerada de eneldo fresco
  • 1 dente de allo
  • Un chisco de comiño moído
  • Un chisco de fiúncho seco
  • 1 limón ou lima
  • 2 culleradas de alcaparras
  • Pementa negra moída
  • Sal
  • Aceite de oliva virxe extra

Preparación:

  1. Coce as patacas. Deben de quedar cocidas por dentro, pero que non se desfagan. Deixa amornar e reserva na neveira.
  2. Extrae a pulpa do aguacate e colócaa nun cunco ou prato fondo. Rocía cun chorriño de limón ou lima e machuca co garfo. Engade a mostaza, as especias, as herbas picadas e mestura todo. Agrega o resto de zume de lima ou limón, o aceite de oliva virxe extra e salpimenta.
  3. Saca as patacas da neveira e córtaas á metade ou en cuartos. Mestura co aderezo de aguacate e engade as alcaparras, mesturando todo con suavidade. Lista para servir!

3. Bacallau con costra de mostaza e finas herbas

PLATOALIMENTESPRIMAVERA GADIS 10 scaled 1

Ingredientes:

  • 800 g lombo de bacallau
  • 12 tomates cereixa
  • 30 g mostaza de Dijon á antiga
  • 70 ml aceite de oliva virxe extra
  • 1 ovo
  • 15 g perexil fresco picado
  • 10 g albáfega fresca picada
  • 40 g pan relado
  • Sal
  • Pementa

Preparación:

  1. Prequenta o forno a 180 graos en función grella. Lava e salpimenta o bacallau e colócao nunha fonte engraxada con dúas culleradas do aceite de oliva coa pel cara abaixo.
  2. Nun bol, mestura a xema de ovo coa mostaza e estende sobre o peixe.
  3. Noutro bol, engade o pan relado coa albáfega e o perexil e cobre o peixe con esta mestura.
  4. Parte os tomates cereixa á metade e colócaos na bandexa xunto co peixe. Rocía cun pouco de aceite e enforna durante vinte minutos.

4. Crema de chocolate con froitos vermellos

PLATOALIMENTESPRIMAVERA GADIS 13 scaled 1

Ingredientes:

  • 200 g aguacate maduro
  • 40 g dátiles sen óso
  • 25 g cacao en pó sen azúcar
  • 1 plátano maduro
  • 50 g de chocolate negro 85%
  • 5 ml esencia de vainilla
  • 150 ml de bebida de améndoas ou abelás
  • Un chisco de sal
  • Froitos vermellos e froitos secos ao gusto

Preparación:

  1. Saca a pulpa do aguacate e pica os dátiles. Reserva.
  2. Derrite o chocolate.
  3. Tritura o aguacate cos dátiles. Engade o cacao, o sal, a vainilla e volve a triturar.
  4. Incorpora o plátano pelado, tritura e engade o chocolate aos poucos, axustando a textura ata obter unha textura totalmente homoxénea e cremosa.
  5. Deixa na neveira como mínimo media hora e serve con froitos vermellos e froitos secos ao gusto.

Que che parece este menú primaveral? Vas probalo?

Volver ao blog

Converte a túa aula nun
espacio saudable

Descubre cando disfrutar de cada produto no seu mellor momento co noso calendario saudable

Para calquera consulta, escríbenos a:
alimentes@gadisa.es

Decálogos

Line 19
Alimentos

Consume unha gran variedade de alimentos

Así serán maiores as posibilidades de que a túa dieta sexa equilibrada e contenga os nutrientes necesarios.

Tomate

Prioriza os productos frescos ante os procesados

En especial, debes inxerir gran cantidade de verdura e froita fresca.

Agua

A hidratación é clave e a auga é a mellor bebida

Lémbrate de beber unha cantidade abundante de auga ao longo do día.

Dulces

Limita o consumo de doces, refrescos e chucherías

Deben ser algo ocasional na túa alimentación.

Alcohol

Elimina os hábitos tóxicos

O tabaco, o consumo abusivo de alcohol e o sedentarismo son tremendamente perxudiciais.

Deporte

Mantén unha actividade física diaria

Adecuada a túa idade e estado, que te permítache disfrutar e coidarte.

Descanso

Durme ben e suficiente

É tan importante coma comer ou beber adecuadamente.

Luz

Recibe luz solar

Fóra das horas de maior exposición, axuda a un correcto funcionamento do organismo.

Estrés

Acaba có estrés

É un factor grave de risco. Aprende a controlalo e alonxalo do teu día a día.

Ríe

Ríe, conversa, debate e aprende en comunidade

As relacións sociais e familiares satisfactorias aumentan a nosa calidade de vida.